Page 1 of 1
COMUNICADO
PRECINTADO DO PAPA
Mulheres Transgredindo sae á rua novamente para acompañar a Benedicto XVI na sua
estadía no noso país.
E non se nos ocorre millor ofrenda que a DENUNCIA POR APOLOXÍA DO
XENOCIDÍO E DELITOS DE LESA HUMANIDADE (arts. 607.2 e 607 bis do C.P.) que hoxe
foi interposta hoxe, día 26 de outubro por este colectivo ante o Xulgado de Instrucción no1
contra Joseph Ratzinger, máis coñecido como papa Benedicto XVI, como o máis alto
representante da igrexa católica apostólica e romana, polos delitos de tortura, abusos sexuais
a menores e encubrimento dos mesmos, apoloxía da misoxínia e homofobia e persecución por
motivos políticos, étnicos de xénero ou de orientación sexual.
Primeiro precintamos igrexas, despois precintamos a catedral de compostela, e, agora, cos
nosos propios cartos e contra toda lóxica, traénnos ao representante da organización que máis dano
lle fixo ás mulleres no mundo enteiro desde tempos inmemoriais. Pois ben, a el non o imos poder
precintar mais temos o noso dereito, e deber incluso, de denuncialo públicamente a fin de que, desta
vez, sexa precintado polo poder xudicial.
Esiximos o ingreso en prisión de Joseph Ratzinger
Esiximos o axuizamento do papa polos delitos de apoloxía do xenocidio e de lesa
humanidade
Esiximos que as administracións públicas devolvan os cartos que financian a
visita papal e que non se aporte nin un euro máis á igrexa católica.
Esiximos, en definitiva, que o papa Benedicto XVI sexa PRECINTADO
26/10/2010
Adxuntamos texto da denuncia